Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información Cerrar

Benvidos A Taberna da Chorima !

Un restaurante galego que ofrece diferentes opcións.

Susana

Desfruta no seu interior do encanto de cada un dos ambientes diferenciados, moderno, informal ou con máis privacidade, nos que poderás compartir dende un café até un viño ou unha copa coas túas amizades, asistir a concertos, xantar ou cear coa túa parella, ou desfrutar da nosa terraza cando o bo tempo acompañe.

La destilería de las ideas

A nosa empresa nace co obxectivo de crear produtos innovadores tendo en conta os gustos do consumidor e as tendencias do mercado, coa capacidade de produción e adaptación necesaria para compracer ambios que este demanda, sen produtos de calidade empregando as materias primas que a nosa rexión ten, asumindo deste xeito o compromiso coa nosa terra.

Que fai que os nosos produtos sexan tan bos? Se vés a Galicia e botas unha ollada ao teu aredor, decataraste de que a resposta é sinxela. O que fai que os nosos produtos estean tan bos é o contorno verde e brillante, a xente que inspirou a bebida e a calidade de cada un dos ingredentes dos que se compoñen.

La Destilería de las ideas

Cervexa NASA

Cervexa NASA é o resultado de cinco anos de reflexión sobre os retos e as necesidades do mundo da cervexa artesá en Galicia.

NASA quere ofrecer unha cervexa sempre fresca, 100% MALTA, con materias primas de primeira calidade e cos máis estritos sistemas de produción. Pero tamén quere ofrecer unha cervexa lager, o estilo que dende sempre compartiches de celebración cos teus amigos, e co prezo dunha cervexa industrial. Unha cervexa coma as de sempre, feita co coidado do artesanal e co prezo da industrial de toda a vida Xefe da Birra está nos bares con dúas cervexas:

- NASA. Lager, 5,1%: O sabor da fusión da alma checa e do corazón galego. De cor brillante, fresca e lixeira. Co tradicional, refrescante e delicioso sabor do lúpulo checo Saaz.

- REDE. Lager Especial 6,2%: Cor dourada, corpo e gusto intenso. O agarimo da malta caramelo e a elegancia do lúpulo Magnum.

NASA

A nosa taberna

Gula Galega

GulaGalega Gourmet nace en 2011 co firme propósito de facer as cousas diferentes no mundo da alimentación gourmet feita en Galicia. Somos unha pequena empresa con ganas de facer as cousas ben. Gústanos o que facemos e ademais pasámolo ben. E isto intentámolo reflectir nos nosos produtos na nosa filosofía de traballo.

Elaboramos unha selección de licores e cremas que xuntan tradición, calidade, variedade e deseño.

Falamos de tradición porque Galicia é unha das rexións de España con máis historia no referente á elaboración de augardentes de oruxo.

Tamén falamos de calidade porque traballamos cunha recoñecida destilería e con experiencia no campo da destilación e embotellado que está fóra de toda dúbida. Os licores elabóranse en lotes pequenos, o que é garante do control do producto.

Falamos de variedade porque non nos limitamos unicamente aos clásicos licores (café, herbas, mel e crema de oruxo) senón que incluímos outros tan sorprendentes como a crema de café xamaicano, chocolate e cereixas, arroz con leite, mandarina, mango, ananás, mojito, etc.

Por último, falamos de deseño porque nos propuxemos crear unha liña de licores e cremas que rompa con todo o establecido. Queremos que os licores e cremas de GulaGalega Gourmet sexan recoñecidos pola súa calidade pero tamén por unha imaxe desenfadada e coidada. Cada unha das variedades identifícase por unha etiqueta personalizada, na que aparecen animais da fauna galega coma o lobo, o raposo, a pita do monte, o boi, o teixugo, o ourizo, o gato montés... Todo pasado polo filtro dun deseño moderno, coidado e atento ao máis mínimo detalle.

Ver máis sobre Gula Galega

A Galeguesa

O Agro está nos montes da freguesía de Santiago de Amoroce, ao surleste da Galiza, preto da raia de Portugal. É unha facenda de gando vacún de raza Salers criado en réxime extensivo e alimentado só con forraxe e cereais, ao xeito tradicional.

Presas de carne moída adoubadas con especias naturais.

Ofrecemos canais de machos de un, dous e tres anos, co tempo de maduración preciso para lograr a súa calidade óptima. A carne entrégase empaquetada ao baleiro en pezas para o consumo diario, conformando lotes de 10/15 quilos.

Ao contarmos con sala de despece propia, garantimos a trazabilidade do produto.

Ver máis sobre Casa Galeguesa

Deíxanos a túa opinión

A taberna da chorima © 2016. |