Kamankola

Evento do 11 de Ago, 2017

Kamankola

Tipo de evento: Concerto

Jorgito Kamankola (Jorge Lian García) é un polifacético músico cubano que se move entre o rock, o rap, a trova e a música popular cubana. Co seu proxecto Kamankola, dende a concepción da música alternativa, fusiona xéneros tanto nacionais como internacionais, como a rumba, o jazz, o hip hop, ou o funk.
Co seu primeiro disco 'Antes que lo prohiban' e agora con 'Hasta precisar el aire', ambos os dous grabados grazas ao crowdfunding, Kamankola plasma nas súas letras a realidade social e cotiá de Cuba e doutros moitos recunchos do mundo.
Un auténtico luxo para os ouvidos!

Ver máis sobre Kamankola

Gustaríache actuar ou tocar na Taberna da Chorima?

Contacta connosco a través do noso formulario:

Contacto

A taberna da chorima © 2016. |