Rodrigo Soler con Queco Lago

Evento do 07 de Jul, 2017

Rodrigo Soler con Queco Lago

Tipo de evento: Concerto

O músico bonaerense Rodrigo Soler na súa xira por España, fixo unha parada na Taberna da Chorima para presentar o seu último disco Amores Bonsái, acompañado do cantautor pontevedrés Queco Lago, outro dos grandes do panorama musical compostelán.

Rodrigo xa ten moita música ás súas costas, en diferentes bandas de ambos lados do Atlántico, e agora en solitario. As súas letras contan cunha identidade propia, e cumpren un papel moi importante no traballo: amosan a personalidade do artista e a súa procura poética na que cohabitan a morriña, a alegría, a rabia e a ironía. A súa música propoñe un percorrido polo rock nacional, a rumba española, pasando tamén pola bossanova, o reggae, o swing... Deste xeito, cada canción ten o seu propio clima, volvéndose inconfundible respecto das demais.

Ver máis sobre Rodrigo Soler con Queco Lago

Gustaríache actuar ou tocar na Taberna da Chorima?

Contacta connosco a través do noso formulario:

Contacto

A taberna da chorima © 2016. |